Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
Salmantino de nacemento. Ademáis da fotografía, domina disciplinas tan dispares como a pintura ao óleo ou a micoloxía. Namorado das fervenzas, das que ten un amplo arquivo fotográfico con máis de 300 catalogadas, moitas delas case descoñecidas, as súas fotografías plasman esa paixón por elas e pola natureza galega en xeral.
Fotógrafo aficionado autodidacta. Comezou a mediados dos 80 adicándose durante uns anos profesionalmente á reportaxe social. A súa paixón é a fotografía de natureza e paisaxe, á que adica actualmente gran parte do seu tempo libre. Aínda que non ten prodigado moito en concursos e exposicións cabe destacar o 1º premio no concurso Santa Bárbara “El hombre y el mar”; Premio especial da Fundación Barrie no Concurso “Árbores, patrimonio vivo”, convocado polo Consello Superior de Investigaciones Científicas; Photopills Awards Moon master of the Month; Exposición individual Paisaxes Galegas 2010; Colectiva Galiza Branco e Negro; Exposición colectiva compartida con Toni Corrales “Capturando Instantes, dos miradas personales”.
A exposición 'Paraísos cercanos' é unha pequena mostra de paisaxes singulares, tanto de costa como do interior da xeografía galega, onde a auga é a grande protagonista.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org