Actividade online, retransmitidos en directo a través da canle de Youtube do CEIDA:
https://www.youtube.com/ceidagalicia
A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (RB MCeTM) leva 4 anos impulsando un novo modelo alimentario baseado no produto local, de proximidade, ambientalmente respectuoso, e traballando coa comunidade escolar na incorporación de menús baseados na temporalidade dos alimentos e incremento de proteína vexetal, froitas e verdura. Este proxecto de Eco-Comedores, con máis de 2.500 escolares, é a ferramenta que se está a empregar para implantar paulatinamente ese modelo.
Neste contexto, xurden os Encontros Biosfera, como un foro de reflexión sobre os novos modelos alimentarios baseados nos produtos de proximidade, o consumo de tempada e a reducción da pegada climática na alimentación. A actividade, organizada para conmemorar o VII aniversario da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, estará formada por catro encontros virtuais, no que participarán expertos en alimentación sostible a nivel estatal e representantes da Reserva de Biosfera que traballan no ámbito local (científico, político, produtivo...), acompañados da xornalista María López Cedrón, coordinadora do programa Somos Agro, portal para o sector primario de La Voz de Galicia.
O ciclo tratará de responder á pregunta...
Debería ser a crise do COVID-19 unha oportunidade para reflexionar e mudar o modelo alimentario actual en Europa?
VENRES 5 DE XUÑO
CÁTEDRAS UNESCO COMO MOTOR DE CAMBIO
VENRES 12 DE XUÑO
NECESITAMOS UN NOVO MODELO ALIMENTARIO EN EUROPA? POR ONDE COMEZAMOS A APLICAR ESTE NOVO MODELO?
VENRES 19 DE XUÑO
TRABALLANDO POR UN NOVO MODELO ALIMENTARIO
VENRES 26 DE XUÑO
O VALOR DOS PRODUTOS LOCAIS
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org