• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

IV Encontro Biosfera: Traballando por un novo modelo alimentario

Vostede está aquí

Data
venres, 26 Xuño, 2020
Horario

De 11 a 12 h.

Lugar

Actividade online, emitida en directo a través da canle de Youtube do CEIDA: 
https://youtu.be/u8L9drNGZOE

Organiza
  • Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
  • CEIDA
DESCRICIÓN

Foro de reflexión sobre os novos modelos alimentarios baseados nos produtos de proximidade, o consumo de tempada e a reducción da pegada climática na alimentación. 

Este IV Encontro contará coa participación de:

  • D. Luis Paadín, Divulgador enogastronómico e director da Guía de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia.
  • Dna. Cristina Bañobre, Daterra Do País, produtora da Marca Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O programa estará moderado pola  xornalista   María López Cedrón,   coordinadora do programa Somos Agro, portal para o sector primario de La Voz de Galicia.

Os  Encontros  Biosfera  pretenden  ademáis, celebrar o VII Aniversario da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Máis información:  http://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/encontros-biosfera-por-un-novo-modelo-alimentario-vii-aniversario-da-reserva

Reseñas dos participantes
  • Luis Paadín: é sumiller,  profesor de Análise Sensorial e Servizo, así como Técnico de Viticultura e Enoloxía (Universidade de Vigo).  É tamén Formador Homologado de Viños de Jerez C.R. Jerez, Formador en Cava e Educador Oficial de La Rioja. Membro de diversas asociacións entre as que destaca por ser socio fundador e presidente durante 4 anos da Asociación de Sumilleres de Galicia "Gallaecia", membro da Federación Internacional de Periodistas y Escritores del Vino y Espirituosos (FIJEV), da Federación Internacional de Periodistas y Escritores de Turismo (FIJET), é Director dos eventos “Galician Wines”, Director durante 10 anos do Salón dos Viños e Aguardentes de Galicia, Director do III Concurso Internacional de viños do Noroeste e I Campeón Nacional do Concurso Europeo “Embajadores del Champagne”.
  • Cristina Bañobre:  En Daterra aseguran ter corazón de pataca e alma de cebola. Esos dous produtos son os que cultivan en Miño dende 1998, cando Cristina Bañobre, tras licenciarse na Universidade da Coruña, decidiu retomar a herdanza agrícola recibida e converterse en emprendedora.  A súa producción conta co selo de calidade da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, e cunha Marca de Calidade das Reservas de Biosfera de España. A empresa foi pioneira ao alcanzar este recoñecemento. Dende Daterra apostan polos produtos e proxectos de alto valor engadido, calidade diferenciada e compromiso co territorio, o que configura o seu modelo empresarial.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio