Desde os seus inicios, o Centro de Documentación Ambiental do CEIDA forma parte da Rede de Centros de Información e Documentación Ambiental (RECIDA).
RECIDA é unha rede de bibliotecas e centros de documentación ambiental públicos ou de organizacións sen ánimo de lucro especializados en medio ambiente e/ou espazos naturais protexidos.
A súa finalidade é promover a coordinación e colaboración entre os seus membros para mellorar os servizos aos usuarios, tanto particulares como institucionais.
Os seus obxectivos son:
Membros de RECIDA no XV Seminario de Centros de Información e Documentación Ambiental
RECIDA conseguiu difundir e intercambiar información ambiental de distintas áreas xeográficas, multiplicando o acceso á documentación ambiental grazas a:
Na actualidade, RECIDA conta con máis de 100 centros en todo o estado español. O Centro de Documentación Ambiental do CEIDA é o único que ofrece un servizo aberto a toda a cidadanía dentro da Comunidade Autónoma galega.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org