• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Arte ¶ Mar

Vostede está aquí

Arte Mar Xacobe Melendrez
Organiza

Concello de Oleiros, Arteu, Asoar-Armega

Colabora

CEIDA

Descrición

O PROXECTO PORT-ABLE

“Port-Able art” é un proxecto internacional de artistas con intercambio de propostas plásticas entre creadores escoceses, ingleses e galegos, entorno a temas de identidade compartida, marcada por distintas interpretacións en varias localizacións portuarias dos seus respectivos paises: Ullapool, Ría da Coruña (Castelo de Santa Cruz, Oleiros) e London.

Conta coa participación de doce Artistas: Andrea Sinclair, Nan Tram, William M. Hudson, Elle Salt, Ian Stephen, Marian Leven, Charlotte Watters, Joanne B. Kaar, Isabel Pintado, Carlos Botana, Xacobe Meléndrez e Inma Doval.

Os portos elexidos (A Coruña, London e Ullapool) teñen ou tiveron lonxas e astaleiros, con numerosos intercambios culturais regulares nas súas beiras, diversidade de industrias navais, e unha historia marítima chea de cor, lendas de contrabando, batallas marítimas, Klondykers rusos e antigas rutas de comercio internacional.

A obra dos 12 artistas será transportada entre as distintas localidades en caixas de correo postal: doce paquetes ("set") que non poderán ocupar máis que unha caixa postal aérea estandar (15 x 47 x 25,5 cm) (1800 gr por caixa).

Máis información acerca do proxecto: https://portableproject2015.wordpress.com

ACTIVIDADES NO CASTELO DE SANTA CRUZ (OLEIROS)

Exposición Port-Able

3 xullo-3 agosto 2015
Exposición colectiva dos 12 artistas do proxecto Port-Able
Coordina: Arteu (Xacobe Meléndrez e Inma Doval)
Inauguración: 3 de xullo ás 20 h. con recital poético

Obradoiros Arte e Medio Ambiente

Obradoiros gratuitos dirixidos a nenos, mocidade, 3ª idade, familias... co obxectivo de fomentar o intercambio artístico entre as tres localizacións portuarias.
Impartidos en inglés

  • Venres 3 xullo: Obradoiro de monotipia a partir da natureza

A monotipia é una técnica artística que nace no século XVII e que foi moi utilizada por Wiilliam Blake, Degas, Gauguin, Chagall, Matisse ou Picaso.A partir da natureza e a paisaxe que rodea o Castelo de Santa Cruz, se realizará un obradoiro de monotipia con diferentes técnicas básicas.
Imparte: Elle Salt
Horario: 17 - 20 h.
Máis información da actividade
Formulario de inscrición

  • Sábado 4 xullo: A maxia do lixo

O obradoiro ten o obxectivo de explorar as posibilidades creativas do lixo cotiá.
Imparte: Andrea Sinclair
Horario: 11-14 h.
Máis información da actividade
Formulario de inscrición

  • Domingo 5 xullo: Obradoiro de debuxo axul e branco

Obradoiro de debuxo a partir de pezas de cerámica antigas atopadas no rio Thames.
Imparte: William Michael Hudson
Horario: 11-14 h.
Máis información da actividade
Formulario de inscrición

Avante na Defensa da Pesca Responsable e Artesanal

Domingo 5 xullo
Encontro artístico reivindicativo da pesca artesanal responsable coa participación de diferentes artistas plásticos e visuais, poetas e músicos creando en directo durante a xornada.
Horario: 12 - 20 h.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio