Xunta de Galicia
CEIDA
A través desta exposición terás a posibilidade de coñecer as diferentes especies de aves que podes atopar en Galicia e os diferentes tipos de hábitats da avifauna da nosa comunidade. A mostra pretende tamén valorizar os recursos ornitolóxicos galegos e promover o gusto pola observación das aves, así como diversos consellos para aficionarse ao seu estudo e espertar unha actitude positiva. Os visitantes realizarán unha primeira aproximación ás aves de Galicia para un mellor coñecemento, aprecio e conservación das mesmas.
* Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no mardo do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, eixo 3, tema prioritario 55.
Consulta as condicións completas para a cesión temporal da exposición.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org