• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Coidando o Noso Mar

Vostede está aquí

Programa Educacion Ambiental Coidando o Noso Mar CEIDA
Data
domingo, 1 Xaneiro, 2012 a venres, 1 Xuño, 2012
Organiza

CEIDA

Patrocina

Grupo Carrefour

Obxectivos

Potenciar o coñecemento do litoral e a súa conservación, resaltando a importancia do medio mariño non só como fonte de recursos senón tamén como parte da nosa cultura.

Dirixido a

Alumnado de 3º ciclo de primaria, secundaria e bacharelato da bisbarra da Coruña.

Descrición

O programa 'Coidando o noso mar' consta das seguintes actividades:

Esta mostra consta de 5 paneis e permanecerá exposta durante unha semana en cada centro educativo participante.

  • Charla divulgativa

O equipo de Educación Ambiental do CEIDA trasladarase a cada centro para dar unha charla divulgativa sobre a problemática ambiental dos océanos, particularmente da producida polos residuos das actividades humanas, e as boas prácticas que todos somos susceptibles de incorporar na nosa vida diaria.

  • Saída guiada a praia

Estas saídas están orientadas a fomentar a adquisición de coñecementos sobre o litoral e a súa biodiversidade, a súa relevancia e o seu potencial aproveitamento tanto económico como cultural. Tamén terá un obxectivo de concienciación e descubrimento de como as nosas actividades diarias causan desequilibrios nestes ecosistemas e cales poden ser as solucións e aptitudes responsables. Nesta parte da actividade farase fincapé na problemática dos residuos e da necesidade dunha participación activa na separación dos mesmos no fogar para a súa posterior reciclaxe, evitando así a súa presenza no mar e nas praias.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio