Desde o CEIDA, co noso programa “Para unha Transición ecolóxica”, defendemos unha agricultura e gandeiría social, sostible e de cercanía, que garanta unha alimentación segura, nutritiva, sá, e de calidade; baseada en métodos responsables de produción que promovan a protección ambiental e o benestar animal e que ademáis, fomenten a conservación dos recursos naturais. Un proceso que garante a calidade de vida dos pequenos e medianos produtores para preservar un medio rural social, ambiental e económicamente viable.
Dar a coñecer e poñer en valor todo o citado no parágrafo anterior é o obxectivo principal deste programa.
Alumnado de último ciclo de Educación Primaria (5º e 6º de Educación Primaria) e de todos os ciclos de Educación Secundaria Obrigatoria (1º - 4º ESO), Bacharelato, Formación Profesional, e ámbito universitario da provincia da Coruña.
RECOMENDABLE para últimos cursos de secundaria, bacharelato, FP e ámbito universitario
Para os centros educativos de fóra da provincia da Coruña, consultar as condicións e disponibilidade co equipo educativo do CEIDA: educacion@ceida.org
As actividades dirixidas aos escolares pretenden, co uso de metodoloxías activas, provocar a aprendizaxe vivencial e contextualizada, onde a parte construtiva e emocional ten unha gran importancia; non se trata dunha mera transmisión de coñecementos. Con este fin utilízanse ferramentas para a reflexión e a innovación educativa relacionadas co estudo do medio ambiente e da contorna natural.
As actividades educativas destinadas aos centros de ensino están vinculadas ao currículo escolar, polo que é convinte organizar a actividade previamente cos/coas profesores/as e completala con accións previas e posteriores na aula.
O programa inclúe dúas sesións coas seguintes actividades:
As actividades desenvolveranse durante o curso escolar 2024-2025.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org