17 h.
Xardíns do Castelo de Santa Cruz (Oleiros). En caso de que o tempo non permita realizar a actividade no exterior, terá lugar nalgunha das estancias interiores do Pazo.
Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga, CEIDA
Público adulto.
A actividade realizarase en grupo reducido. Imprescindible reservar praza a través do formulario.
Actividade de lectura en voz alta para achegarse á natureza a través dos libros e das palabras. Como outubro é o mes das aves (Día Mundial das Aves a primeira fin de semana, e Día das Aves Migratorias, a segunda), nesta ocasión, as persoas convidadas gozarán da degustación dun menú literario deseñado para aproximarse ao mundo das aves e marabillarse con elas dunha forma diferente.
O obxectivo do Centro de Documentación Ambiental do CEIDA é crear un espazo para a lectura colectiva e a reflexión e para reconectar co medio natural que nos rodea.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org