Debido ás limitacións de aforo derivadas do protocolo COVID, a actividade desenvolverase en dúas quendas:
Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
Todos os públicos
O 12 de maio de 1921 unha grave infección vírica provoca o falecemento da escritora Emilia Pardo Bazán. A súa figura está intimamente ligada á Illa e Castelo de Santa Cruz, e nas súas paredes agóchanse moitas das súas vivencias, convertendo a fortaleza defensiva nun baluarte da cultura galega. Con motivo do centenario do seu pasamento, o CEIDA organiza un percorrido interpretativo polos 400 anos da Illa de Santa Cruz, onde a figura de Emilia Pardo Bazán é unha das máis salientables das catro etapas históricas deste lugar.
* A actividade terá unha duración de 40 minutos, será no exterior, e queda supeditada ás condicións meteorolóxicas.
** Imprescindible confirmar asistencia a través do formulario.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org