CEIDA, co apoio da Deputación da Coruña, dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica'.
CEIDA
A cultura oceánica é a comprensión da influencia do océano sobre as persoas e a influencia que as persoas exercemos sobre o océano. É unha relación mutua. É importante que coñezas como inflúe o océano no funcionamento do planeta, a diversidade de vida que alberga e a relación que os humanos temos co mar desde hai milenios. Con esta exposición comprenderás que somos o que somos grazas ao océano.
12 paneis de 200 x 100 cm.
* Consulta as condicións completas para a cesión temporal da exposición.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org