Concello de Oleiros
CEIDA
GAC Golfo Ártabro
Exposición en formato dixital formada por cinco paneis que permiten coñecer de forma rápida e amena as principais características da costa oleirense.
Baixo o nome «Onde Oleiros é mar», a información estrutúrase por diversas temáticas estas cinco infografías. Deste modo trátanse asuntos como o patrimonio cultural, a tradición e cohesión xeracional, a biodiversidade ou a propia historia. Os cadros recollen de forma pormenorizada, o pasado, presente e futuro do litoral oleirense.
A exposición fai fincapé ademáis nos espazos de maior valor natural do litoral de Oleiros, como son o Monumento Natural Costa Dexo‐Serantes, o Porto de Dexo, o Porto de Lorbé, a Illa, o Porto e o Castelo de Santa Cruz e a Ría do Burgo, entre outros.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org