12.30 h.
Illa e Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
Todos os públicos
O 28 de xuño conmemórase o Día Mundial da Árbore, unha efeméride instaurada en 1969 no Congreso Forestal Mundial para conmemorar este elemento esencial no noso planeta. Para celebralo, o CEIDA organiza un roteiro guiado polo xardín da Illa de Santa Cruz, co fin de dar a coñecer a gran diversidade de especies que neste espazo se atopan, pero tamén reflexionar sobre a importancia de conservalas.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org