Aínda que as nosas instalacións e algúns dos nosos servizos atópanse temporalmente suspendidos, non queremos deixar de aproveitar este tempo de confinamento para dar a coñecer o noso patrimonio máis próximo. Durante os 20 anos de actividade da institución, o CEIDA leva traballando en moitos espazos, pero hai tres que son a nosa casa, por onde pasaron centos de grupos educativos, familias e outros colectivos, e sentiron xunto a nós a necesidade de conservalos.
Co fin de darlle continuidade a este programa e dar a coñecer este rico patrimonio entre a cidadanía, o CEIDA reactiva os seus programas de Educación Ambiental "A Illa de Santa Cruz, un rico patrimonio natural e histórico" e "O mar e a costa: recursos valiosos para todos" cun programa de visitas guiadas virtuais, coa seguinte programación:
As visitas serán retransmitidas en directo, ás 19 h., a través da nosa canle de Youtube: https://www.youtube.com/user/CeidaEA
Esperámosvos esta vez, nas redes!
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org