Monumento Natural Costa de Dexo (Oleiros). Espazo protexido incluido na Rede Natura 2000
O Monumento Natural Costa de Dexo ocupa un tramo costeiro comprendido entre os faros de Mera e o porto de Lorbé (ao redor de 11 km de costa), situado ao noroeste da provincia da Coruña, entre as rías de Ares-Betanzos e da Coruña, no fondo do denominado Golfo Ártabro. Pertence na súa totalidade ao concello de Oleiros, conta cunha extensión de 270 hectáreas e o seu rango altitudinal vai dos cero aos 81 m sobre o nivel do mar. Terra e mar combínanse na Costa de Dexo dando como resultado a existencia de fermosas paisaxes cheas de vida e nas que se reúnen destacados trazos xeomorfolóxicos e relevantes elementos de flora e fauna.
Esta actividade pretende:
Centros especializados, asociacións e outros colectivos interesados.
Durante o desenvolvemento desta actividade intentarse establecer vínculos de coñecemento e afectivos entre os participantes e o espazo a visitar. Preténdese que os participantes gocen dos paseos guiados, espertarlles os sentidos e descubrir os segredos do mundo natural, activando propostas que deriven en actitudes e comportamentos congruentes coa ética ambiental. A actividade discorrerá por sendeiros previamente sinalizados dentro do espazo protexido. Faranse paradas en puntos relevantes do percorrido en función do seu interese natural, paisaxístico, cultural ou patrimonial.
Transformada no Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo, a Aula do Mar está situada nunha zona con gran valor natural, converténdose na porta natural deste espazo protexido. A información deste equipamento exponse a través de paneis interpretativos, vídeos ou elementos en relevo que resaltan a riqueza desta paraxe , mais a intervención dos guías na actividade será co obxectivo de fomentar a reflexión sobre a necesidade de conservación destes espazos para as xeracións futuras.
Ambas actividades pretenden ter un marcado carácter participativo, co obxectivo de achegar aos visitantes os valores naturais, culturais e paisaxísticos do espazo, dun xeito ordenado, seguro e que garanta a conservación do espazo, establecendo vínculos afectivos entre a poboación local e o espazo a coñecer para implicalos tanto na súa conservación como na recuperación de saberes e recursos ligados ao patrimonio material e inmaterial.
O CEIDA ofrece a posibilidade de realizar a combinación das dúas actividades no mesmo día.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org