A problemática do lixo mariño está presente en todo o mundo, pero de xeito desigual e tamén inxusto en termos da súa orixe, medra cada ano e afecta a todos os ecosistemas e especies mariñas. Incluso a aquelas que nen sequera sabemos que existen aínda.
Co programa “Para unha Transición Ecolóxica” desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, aprenderemos como chegan os residuos aos oceános, cal é a súa orixe e as causas, nomeadamente aquelas estruturais dun sistema de consumo e de xestión de residuos actuais que provocan esta situación, as últimas políticas nacionais e internacionais para a súa redución, etc. Coñeceremos máis sobre o impacto que estes residuos xeran nas especies mariñas e en toda a cadena trófica ata chegar a nós, e reflexionaremos sobre as posibles actitudes que como mocidade poden ter ante esta problemática: desde o xesto máis aparentemente pequeno e individual ata aquelas outras accións colectivas necesarias para que podan herdar uns océanos limpos e sans.
Alumnas e alumnos de último ciclo de Educación Primaria (5º e 6º) e alumnado de todos os ciclos de Educación Secundaria Obrigatoria (1º-4º ESO), Bacharelato e Formación Profesional de toda a provincia da Coruña.
Para os centros educativos de fóra da provincia da Coruña, consultar as condicións e disponibilidade co equipo educativo do CEIDA: educacion@ceida.org
O programa inclúe as seguintes actividades:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org