Casa da Cultura Pintor Lloréns (Sada)
CEIDA
Deputación da Coruña
Centros educativos da provincia da Coruña
O CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, como punto de referencia para a educación ambiental na comunidade galega, quere potenciar e difundir actitudes, comportamentos e prácticas sociais que axuden a acadar a sustentabilidade ambiental na nosa sociedade. Con diferentes actividades de carácter formativo, divulgativo e informativo pretende chegar a un amplo abano de destinatarios entre os que se encontran a comunidade escolar.
Entre as súas liñas prioritarias de traballo atópase a posta en valor do patrimonio natural galego e a concienciación sobre a necesidade de protexelo e conservalo. Deste xeito xurde o II Congreso de Educación Ambiental “Espazos para Conservar. Defendamos o noso Patrimonio Natural”, co fin de despertar a sensibilidade ambiental entre os máis novos.
O 29 de maio celebrouse na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada este II Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da Coruña co fin de que cada centro educativo presentase o proxecto desenvolvido ao longo do curso académico 2007/2008. Nesta edición foron case 250 alumnos os que, asesorados polo profesorado e co apoio do CEIDA, traballaron pola divulgación dos valores patrimoniais galegos. En total participaron trece centros da provincia da Coruña que expuxeron os traballos durante toda a xornada.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org