Pazo da Cultura de Pontevedra
CEIDA
Deputación de Pontevedra
Alumnos e alumnas dos centros de ensino primario dos concellos con centros de compostaxe comunitaria da provincia de Pontevedra
O CEIDA ven desenvolvendo Congresos Escolares de distintas temáticas dende o ano 2007. Os congresos escolares foron concibidos, dende un primeiro momento, co obxectivo de brindar aos centros educativos un espazo de intercambio de experiencias e punto de encontro, ao tempo, que incentivar a novos centros a que traballen na conservación e divulgación do medio natural. Así mesmo, desde as primeiras edicións, búscase dar protagonismo ao alumnado para que sexa o voceiro da realidade ambiental do seu ámbito máis próximo.
Así, este I Congreso de Educación Ambiental para os centros de ensino da provincia de Pontevedra nace co fin de fomentar na sociedade a necesidade de colaborar na redución e correcta separación do lixo doméstico, canalizando as mensaxes que os rapaces e rapazas da provincia de Pontevedra farán a través dos seus proxectos de investigación.
Os obxectivos desta actividade son:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org