10.30 h.
Salón de Actos do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
Butterfly Monitoring Scheme Spain (BMS España)
CEIDA
Todos os públicos
BMS é o acrónimo en inglés para o Programa de Seguimento de Bolboretas (Butterfly Monitoring Scheme). BMS España nace como unha rede colaborativa na que os distintos participantes aúnan esforzos para obter datos sobre as poboacións de bolboretas susceptibles de ser comparados no tempo e entre rexións, de maneira que ofrezca una valiosa ferramenta para a xestión do noso patrimonio natural.
BMS Galicia e BMS España forman parte da maior rede de seguimento de bolboretas do mundo, con censos realizados en máis de 6000 localidades de 25 países europeos.
Os censos empregan a metodoloxía dos transectos e seguen o protocolo establecido para o BMS España. Na actualidade, o proxecto conta con sete transectos na provincia de Pontevedra, polo que pretende estender o programa de seguimento ao resto das provincias galegas.
Nesta xornada divulgativa, os actuais colaboradores de BMS en Galicia presentarán o programa a todos os participantes, para despóis realizar unha pequena saída de identificación de bolboretas, e máis concretamente, de ropalóceros.
Máis información de BMS España en: http://observa.ebd.csic.es/web/seguimientomariposas
Reserva a túa praza en: galiciabms@gmail.com
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org