• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

III Encontro Biosfera: Traballando por un novo modelo alimentario

Vostede está aquí

III Encontro Biosfera: Traballando por un novo modelo alimentario
Data
venres, 19 Xuño, 2020
Horario

De 11 a 12 h.

Lugar

Actividade online, emitida en directo a través da canle de Youtube do CEIDA: 
https://youtu.be/EqU0EbizkM8

Organiza
  • Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
  • CEIDA
Descrición

Foro de reflexión sobre os novos modelos alimentarios baseados nos produtos de proximidade, o consumo de tempada e a reducción da pegada climática na alimentación. 

Este III Encontro contará coa participación de:

  • D. Eduardo de Miguel Beascoechea, Director – Xerente da Fundación Global Nature.
  • Dna. Beatriz Ferreira Varela, Directora Escola Infantil A Caracola.

O programa estará moderado pola  xornalista   María López Cedrón,   coordinadora do programa Somos Agro, portal para o sector primario de La Voz de Galicia.

Os  Encontros  Biosfera  pretenden  ademáis, celebrar o VII Aniversario da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Máis información:  http://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/encontros-biosfera-por-un-novo-modelo-alimentario-vii-aniversario-da-reserva

Reseñas dos participantes
  • Eduardo de Miguel Beascoechea: Enxeñeiro Técnico Superior Agrónomo, Director-xerente da Fundación Global Nature. A Fundación Global Nature coordina dende fai máis de 20 anos numerosos proxectos nacionais e internacionais de restauración de hábitats, especialmente humedais, así como de conservación de sistemas agrarios de alto valor ambiental. Moitos destes traballos desenvólvense grazas a acordos con concellos ou de custodia do territorio con agricultores e propietarios que teñen un papel fundamental.
  • Beatriz Ferreira Varela: Directora da Escola Infantil Municipal A Caracola (A Coruña) desde 2009. En xullo de 2015 firma un compromiso co consumo de produtos agroalimentarios ecolóxicos da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo no seu comedor escolar. En outubro dese mesmo ano, arranca a iniciativa na escola de crear un grupo de consumo para as familias e o persoal do centro. En 2017 decide visitar outros centros escolares con cociña propia da man dos produtores e transmitir o proxecto que estaba iniciándose na Coruña. Durante o ano 2018 impulsa encontros formativos e reunións entre equipos directivos, profesorado, cociñeiros e cociñeiras, e produtores, para promover o consumo de produtos de tempada, de proximidade e ecolóxicos. Fiel defensora do rural, busca a consolidación do grupo de produtores para que se afiance o proxecto definitivamente e se integre nos proxectos educativos dos centros educativos.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio