• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Xornada de voluntariado ambiental para as familias con Plant for the Planet

Vostede está aquí

Xornada de voluntariado ambiental para as familias
Data
sábado, 1 Xuño, 2019
Horario

De 9.30 a 15.30 h.

Lugar

Embalse de Beche (Abegondo)

Organiza

Plant for the Planet

Colabora
  • CEIDA
  • Concello de Abegondo
  • Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Patrocina

DKV Seguros 

Dirixido a

Familias, nenos/as e xóvenes de entre 9 a 17 anos.

Descrición

Actividade de voluntariado ambiental para familias, nenos/as e xóvenes que terá lugar no encoro de Beche (Abegondo). Está organizada por Plant for the Planet co patricinio de DKV Seguros e a colaboración do CEIDA, o concello de Abegondo e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Plant for the Planet  é unha iniciativa que busca identificar e reforzar o liderado de nenos/as e xóvenes nun dos retos máis importantes do noso planeta, o cambio climático. Para localizar a estes nenos/as e xóvenes con sensibilidade, motivación e ilusión por formar parte de este proxecto de alcance internacional, empréganse actividades chamadas Academias, coas que nacen os Embaixadores pola Xustiza Climática de Plant for the Planet.

A Academia do sábado 1 de xuño constará das seguintes actividades:

  • Roteiro interpretativo pola contorna do Encoro de Beche para pais e nais.
  • Actividades e obradoiros educativos para os nenos/as e mozos/as participantes.
  • Plantación simbólica de arborado autóctono por parte das familias.
  • Almorzo e xantar a cargo da organización (bocadillo, auga e froita).
  • Entrega de diplomas e Kit de Embaixador pola Xustiza Climática aos nenos e nenas e xóvenes participantes.

A actividade será coordinada e supervisada por educadores/as ambientais do CEIDA, Concello de Abegondo e Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Inscrición

Para poder participar na actividade, é preciso formalizar inscrición a través da web de Plant for the Planet:  http://planetspain.org/accesos-a-inscripciones/

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio