• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Clube de lectura

Vostede está aquí

O clube de lectura CLOROFILA é unha invitación para achegarse á natureza a través da literatura. Xa sexa dende a narrativa ou do ensaio, este clube pretende dar a coñecer obras de temática ambiental para explorar o mundo que nos rodea, creando un espazo para a conversa e o intercambio de ideas, unha chamada á acción a través da lectura.

Mais CLOROFILA é, sobre todo, un espazo para coñecernos e gozar das lecturas verdes, para o diálogo colectivo, para compartir, para falar de forma distendida e poñer en común temas ambientais e sociais que nos afectan a todos.

Está dirixido a todas aquelas persoas que lles guste ler, non buscamos un público experto nin comentarios especializados, só persoas dispostas a compartir con nós as súas impresións tras a lectura das obras propostas. 

O grupo de lectura ofrece 15 prazas, e en cada convocatoria abrimos as sesións para que as persoas interesadas poidan anotarse e recoller un exemplar do libro, que sempre atoparán dispoñible en préstamo na nosa biblioteca verde.

CLOROFILA forma parte do clube de lecturas da Red de Centros de Información e Documentación Ambiental (RECIDA), por iso a maior parte dos títulos están escritos en castelán. Non obstante, trataremos de incluír obras en galego.

Para máis información:  documentacion@ceida.org  - 981 630 618

 

Neste momento estamos lendo: 

EL SENDERO EN EL BOSQUE

Autor: Adalbert Stifter

Editorial: Impedimenta

Data da sesión: mércores, 15 de outubro de 2026

Hora: 19 h.

Sinopse: novela curta do escritor, pintor e pedagogo austríaco Adalbert Stifter, escrita en 1845, que conta a historia de Tiburius Kneight, un home rico, solitario, neurasténico e misántropo que leva unha vida cómoda pero profundamente baleira. Cansado de todo, Tiburius decide acudir a un balneario seguindo o curioso consello dun médico pouco convencional. En lugar de medicamentos, este recoméndalle pasear polo bosque, debuxar, observar a natureza e achegarse á vida sinxela do campo. A partir deste contacto coa natureza, a paisaxe e as persoas sinxelas, Tiburius comeza un proceso de transformación. 

Máis información do autor e do libro: 
https://impedimenta.es/producto/el-sendero-en-el-bosque

   

Estas son as lecturas que xa limos no clube:

         

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio