• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Guía de recursos educativos sobre lixo mariño - actualización 2023

Vostede está aquí

Guía de recursos educativos sobre lixo mariño - actualización 2023

Estamos ante un momento de crise ambiental sen precedentes, na que a emerxencia climática cada vez máis visible en eventos metereolóxicos extremos, o acelerado ritmo de perda da biodiversidade a nivel e undial e a contaminación mariña son, se cadra, tres fenómenos con especial relevancia social e nos que cómpre abordar estratexias de intervención con especial urxencia.

A transición cara a modelos máis sustentables require dunha cidadanía informada e coñecedora da situación real dos problemas ambientais, dos retos que supoñen e a urxencia na toma de decisións e de medidas para mitigar ou adaptarnos aos cambios que se producirán nun futuro. Neste contexto, nace o programa ‘Para unha Transición Ecolóxica’, desenvolvido polo CEIDA co apoio da Deputación da Coruña, no que se enmarca esta guía de recursos educativos sobre lixo mariño dentro das accións que neste proxecto están dirixidas aos centros de ensino.

A búsqueda, selección e recompilación dos documentos que nela se recollen, foi realizada polo Centro de Documentación Ambiental do CEIDA, centro público de recursos de información e documentación sobre a Educación Ambiental e o Medio Ambiente. Con ela pretende poñer a disposición tanto dos profesionais da educación, formal e non formal, como das familias, unha selección de documentos cos que traballar a problemática do lixo mariño en todos os niveis educativos. Inclúe recursos dispoñibles en formato físico que se atopan en préstamo no centro, e materiais electrónicos que se poden descargar directamente dende a Rede.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio