Publicación electrónica, elaborada polo Centro de Documentación Ambiental do CEIDA, en colaboración coa Deputación da Coruña, que recolle unha pequena selección dos fondos relacionados coa xestión ambiental municipal dispoñibles no centro, así como recursos electrónicos. O urbanismo, a planificación das zonas verdes, a arquitectura bioclimática, o desenvolvemento rural, as enerxías renovables ou o turismo sostible son algunhas das temáticas que se atopan nesta guía.
A maior parte destes documentos están dispoñibles en préstamo no centro ou se poden descargar a texto completo a través da Rede.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org