Co fin de educar e sensibilizar sobre a redución e boa xestión dos residuos urbanos, a Deputación de Pontevendra puxo en marcha no 2023 o programa educativo ‘Ponte a Zero’, dirixido aos centros educativos de infantil, primaria e secundaria da provincia. Este programa está desenvolvido polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) a través dun convenio de colaboración coa Deputación, e nel inclúense actividades nas aulas, xornadas de formación do profesorado, obradoiros e seminarios, entre outras.
Esta guía de recursos educativos, elaborada polo Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga, a biblioteca verde do CEIDA, inclúe información sobre os residuos urbanos, a compostaxe e as hortas escolares, e pretende servir como material de apoio aos centros participantes no programa educativo, e a todas as persoas que traballan no campo da Educación Ambiental vinculada aos residuos.
A maior parte dos documentos pódense descargar a texto completo ou visualizar a través da Rede, mais tamén inclúe recursos físicos dispoñibles en préstamo no centro.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org